
É o Movemento pola Mellora da Vida no Medio Rural .
O movemento esta promovido polas xentes de diferentes parroquias de Bergantiños (A Coruña) .
O ámbito de acción comprende as parroquias de Leiloio, Buño, Cambre, Cerqueda, San Tirso de Vilanova, Barizo, Mens, Cores, Pazos, Xornes, Tallo, Nemeño e Langueiron (Concellos de Malpica y Ponteceso).
Este movemento Rural, busca o desarrollo de proxectos no ámbito social e do coidado patrimonial material e inmaterial.
Tratase dun reto aberto a toda a sociedade Rural, e do que forman parte as parroquias, a asociación cultural progreso, e calqueira persoa o entidade que a título propio desexen participar, aportar ideas, promover proxectos, e facer calquera tipo de colaboración.
Ata agora hemos desarrollado actuacions sobre o patrimonio: restauración dos catro retablos da parroquia de Cores, e outras actuacións máis puntuales no resto das parroquias, como a restauración de imáxes en Barizo e Mens, en Cambre estase a promover a devoción a San Xudas Tadeo, para o cal fixose un retablo especifico , agora mesmo estamos restaurando imáxes en Leiloio e Cerqueda, e uhna lista que se alarga bastante máis.
Moitas destas actuacións fixeronse grazas a axuda dos feligreses das distintas parroquias e da asociación cultural progreso, agradecendo a axuda nalgunhas accións da xunta de galicia e a diputación da coruña,
Agora , a partir deste verán queremos poñer en práctica un proxecto en Buño, chamase Acompañote no Rural co obxectivo de combatir a soidade no medio rural. A parroquia ten en Buño un local social que queremos rehabilitalo o fin mencionado, a primeira fase sería colocarlle unha nova cuberta.
O Rural Móvese esta composto polas seguintes asociacións





